Serafín Veremundo Dacosta Pazo, nado en Carambola, Asnelle de Abaixo (Reboreda, Redondela) o 21 de maio de 1881 e finado en Pontevedra en 1959, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Carpinteiro. Foi presidente do Sindicato de Trabajadores de Oficios Varios da UGT e da Casa del Pueblo de Redondela. Membro da Agrupación Socialista de Redondela. Elixido concelleiro de Redondela nas eleccións municipais parciais de abril de 1933, foi proclamado alcalde o 10 de maio, con José Ramón Vidal Ramón como primeiro tenente alcalde, Juan Martínez Vila, segundo, José Sobrado Castelane, terceiro, Manuel González Lombardero, cuarto, e José Migueles Eteiro e José Rodríguez Casal rexedores síndicos.El Pueblo Gallego, 13-5-1933, p. 8. Foi destituído polo Gobernador civil en outubro de 1934 e reposto no cargo logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, desempeñando o cargo ata o 21 de xullo, cando lle entregou a alcaldía á autoridade militar. Non foi procesado. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Alcaldes
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1959