A dos peneoideos (Penaeoidea) é unha das dúas superfamilias de crustáceos decápodos que conforman a suborde dos dendrobranquiados.
Teñen o rostro moi desenvolvido e os tres primeiros pares de pereiópodos acaban en pinza.
O rexistro fósil do grupo remóntase ao xénero Aciculopoda, descuberto nos sedimentos do fameniense (Devoniano superior) de Oklahoma.
Comprende dous dos tipos de crustáceos de máis interese comercial, como son as gambas e os lagostinos.
Taxonomía A superfamilia foi descrita en 1815 por Rafinesque, en Analyse de la nature, ou tableau de l'univers et des corps organisés,Rafinesque, C. S. (1815): Analyse de la nature, ou tableau de l'univers et des corps organisés. Palerme. L'Imprimerie de Jean Barravecchia. 224 pp. Ver en PDF. e comprende na actualidade cinco familias,Penaeoidea Rafinesque, 1815 no ITIS. ademais doutras e tres fósiles.
Superfamilia Penaeoidea Aristeidae Wood-Mason, 1891 Benthesicymidae Wood-Mason, 1891 Penaeidae Rafinesque, 1815 Sicyoniidae Ortmann, 1898 Solenoceridae Wood-Mason, 1891
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary". Ver en liña . Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
Outros artigos Crustáceos Decápodos Carideos
Ligazóns externas Penaeoidea en ADW
Categoría:Dendrobranquiados