Pjetër Frroku, nado en Shkodra en 1967, é un escultor albanés.

Traxectoria Dunha familia mirditana,A república de Mirdita foi unha efémera república non recoñecida que se estableceu no ano 1921. Para ampliar información podes ler Republic of Mirdita na wikipedia en inglés Pjetër Frroku seguiu os desexos de seu pai e estudou economía e a carreira militar, ocupándose nesta profesión durante varios anos.

Mais as súas inquietudes estaban focalizadas nas artes plásticas, a pintura e a escultura e mantívose ideando un proxecto imaxinario na súa cabeza.

En 1997 múdase a Grecia.

Desde os primeiros anos de traballo, Pjetër Frroku é chamado "Tigre de Pedra", un alcume que determina a enerxía do artista no seu traballo e as súas ideas, levadas a cabo en tempo récord.

Obras

O primeiro traballo de Pjetër foi un retrato de Alexandre Magno, realizada en pedra de tamaño 60 x 50 cm, que foi encargado polo dono dun hotel co mesmo nome, en Creta.

Outras obras do artista son:

Retrato de mirditana (pintura). "Rinchar dos cabalos" (Hingëllima e kuajve en albanés): traballo en pedra situado na entrada da agrupación "Varuka" , na cidade de Rethimno, Creta. "León" (Luani en albanés): traballo en pedra, símbolo da cidade de Heraklion, situado no contorno dunha empresa desta cidade de Creta. Obras no Hotel Eva Bay, en Rethimno, Creta.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Shkodër Categoría:Personalidades da escultura