Sarah Jane Mayfield, nada en St. Joseph, Missouri o 5 de xaneiro de 1917 e finada en Rancho Mirage, California o 10 de setembro de 2007, foi unha actriz de cinema e televisión estadounidense.
Traxectoria Tras mudarse coa súa nai a California en 1930 comezou unha carreira coma cantante na radio, co nome de Jane Durrell. Logo fixo diferentes traballos no cinema ata conseguir en 1936 un contrato coa Warner Bros., facendo o seu primeiro papel protagonista en Public Wedding.
Logrou o recoñecemento da crítica con A fin de semana perdida (1945) e tres anos despois gañou o oscar á mellor actriz por Johnny Belinda. Seguiu interpretando filmes ata finais dos sesenta.
En 1981 recuperou a popularidade co papel de Angela Channing na telenovela Falcon Crest, que durou ata 1990. Tras rematar a serie retirouse case totalmente da vida pública debido á súa saúde.
Entre 1940 e 1949 estivo casada co actor Ronald Reagan, que chegaría a ser Presidente dos Estados Unidos de América.
Filmografía Ano Filme 1937 Smart Blonde1937 Ready, Willing and Able 1937 The King and the Chorus Girl 1937 Slim 1937 The Singing Marine 1937 Public Wedding 1937 Mr. Dodd Takes the Air 1938 The Spy Ring 1938 He Couldn’t Say No 1938 Wide Open Faces 1938 The Crowd Roars 1938 Brother Rat 1939 Tail Spin 1939 The Kid from Kokomo 1939 Torchy Blane... Playing with Dynamite 1939 Kid Nightingale 1939 Private Detective 1940 Brother Rat and a Baby 1940 An Angel from Texas 1940 Flight Angels 1940 Gambling on the High Seas 1940 My Love Came Back 1940 Tugboat Annie Sails Again 1941 Honeymoon for Three 1941 Bad Men of Missouri 1941 The Body Disappears 1941 You Are in the Army Now 1942 Larceny, Inc. 1942 My Favorite Spy 1942 Footlight Serenade 1943 Princess O’Rourke 1944 Make Your Own Bed 1944 The Doughgirls 1944 Crime by Night 1945 A fin de semana perdida 1946 One More Tomorrow 1946 Night and Day 1946 The Yearling 1947 Cheyenne 1947 Cidade máxica 1948 Johnny Belinda 1949 A Kiss in the Dark 1949 The Lady Takes a Sailor 1950 Stage Fright 1950 The Glass Menagerie 1951 Three Guys Named Mike 1951 Here Comes the Groom 1951 The Blue Veil 1952 The Story of Will Rogers 1952 Just for You 1953 Amor a medianoite 1953 So Big 1954 Magnificent Obsession 1955 All That Heaven Allows 1955 Lucy Gallant 1956 Miracle in the Rain 1959 Holiday for Lovers 1960 Pollyanna 1962 Bon Voyage! 1969 How to Commit Marriage
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Missouri Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Missouri Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2007