Pontophilus spinosus é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo da familia dos crangónidos, que habita nas costas do océano Atlántico nororiental, desde Islandia e Escandinavia até as de Marrocos, incluíndo as galegas, e no mar Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático e o Exeo).Pontophilus spinosus (Leach, 1816) no WoRMS.
Taxonomía
A especie foi descrita en 1816 polo naturalista británico William Elford Leach, no artigo "A tabular view of the external characters of four classes of animals, which Linné arranged under Insecta; with the distribution of the genera composing three of these classes into orders, &c. and descriptions of several new genera and species" publicado en Transactions of the Linnean Society of London, 11: 306-400, no que a denominou Cragnon spinosus.Crangon spinosus Leach, 1816 no WoRMS.
Un ano máis tarde foi reclasificada dentro do novo xénero Pontophilus, creado polo propioLeach.Pontophilus Leach, 1817 no SIIT.
Nome galego
Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie, no seu Vocabulario multilingüe, o nome de quisquilla espiñosa.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.
Tamén se coñece co nome de camarón espiñento.A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 30 de xuño de 2022.
Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son: Castelán: camarón espinoso Francés: crevette-épine Inglés: spiny shrimp
Notas
Véxase tamén Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ". Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
Outros artigos Crustáceos Decápodos Carideos Crangónidos
Categoría:Carideos Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1816 Categoría:Produtos da pesca