As segorellas son especies pertences ao xénero Satureia spp. que conta cunhas 30 especies de herbas e arbustos na familia das lamiáceas, nativas das rexións temperadas do hemisferio norte. Varias especies de segorella utilízanse coma herbas aromáticas en gastronomía; en España úsanse acotío para adubar olivas.
Descrición As segorellas son anuais ou perennes, de pouca altura, con follas opostas, ovais a lanceoladas, de 1 a 3 cm de longo. Producen acios de floriñas axilares, abrancazadas a violáceas, non sen atractivo, polo que ás veces son empregadas coma enfeiteis ou coma ornamentais; florean entre agosto e setembro no hemisferio norte.
Prefiren solos secos, areentos, ben drenados, e cómpren de moito sol.
Especies Algúns autores inclúen no xénero a coñecida nébeda (Calamintha nepeta), coma Satureja calamintha. Satureja acinos Satureja alpina Satureja coerulea Satureja cuneifolia Satureja douglasii Satureja hortensis - Segorella comúnNome vulgar galego n´Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística Satureja mexicana Satureja montana - Segorella de invernoNome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela Satureja multiflora Satureja palmeri Satureja parvifolia Satureja rumelica Satureja spicigera Satureja thymbra Satureja viminea Satureja viminea Satureja vulgaris
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas