El Pueblo foi un periódico publicado en Redondela entre 1895 e 1901.

Historia e características Apareceu en febreiro de 1895El Eco de Galicia, 8-2-1895, p. 3. co subtitulo Semanario de Intereses Generales, que mantivo ata o número 19 saíndo os domingos. Pasou despois a Bisemanal Independiente ata o número 100, aparecendo os mércores e os domingos e a partir de 1896 os xoves e os domingos. Finalmente desapareceu o subtítulo. Caracterizouse por defender os intereses agrícolas da comarca. Foron os seus directores Francisco Crespo Rivas e máis tarde Antonio Orellana Pereira. O administrador era Serafín Reboredo Blanco. Entre os seus redactores figuraron José da Cal, Antonio Otero, Juan Manuel Otero Milleiro, Serafín Reboredo, Ramón Ancoechea Montes, Maximino Crespo Rivas e Fernando González Gómez.

En 1899 pasou a ser propiedade de Saturnino Montero e iniciou unha segunda etapa na que reapareceu coa cabeceira El Pueblo. Periódico Independiente, manténdose ata xullo de 1901.El Regional, 1-8-1901, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Redondela Categoría:1895 en Galicia