San Martiño de Andeiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 296 habitantes (149 homes e 147 mulleres). A parroquia ten 9 lugares.

Situación Andeiro sitúase á esquerda do río Brexo que entra por esta parroquia no concello de Cambre. Limita ao norte coas parroquias de Meixigo e Anceis, ao leste Brexo e Vigo e ao sur e oeste Sergude e Tabeaio do concello de Carral.

Cultura Topónimo Andeiro é un posible antropónimo xermánico que aparecería entre o século VII e X.

Patrimonio Torre de Andeiro

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Andeiro

Parroquias de Cambre

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cambre

Categoría:Parroquias de Cambre Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía