Fernando Cristino Alfaya Pérez, nado en Redondela en 1867 e finado en Alacant en xuño de 1949Noticia en El Pueblo Gallego, 5-6-1949, p. 2., foi avogado, xornalista e político galego.
Historia e características Fillo do avogado Fermín Alfaya Milijosa. Colaborou no periódico redondelán El Alvedosa. En 1892 foi nomeado secretario da Universidade de Salamanca. Foi secretario xeral do Consello de Instrución Pública. Foi propietario do predio de Pousadouro.
Vida persoal Casou con Gloria Fontenla Campomanes en 1911.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1949