O Gran Premio de Abu Zabi de 2013 (oficialmente o Etihad Airways Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1 de 2013) foi a décimo sétima proba da tempada de . Disputouse o 3 de novembro de 2013 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Dabi nos Emiratos Árabes Unidos. Foi a quinta carreira do Gran Premio de Abu Zabi.

Informe Antecedentes Eclipse solar parcial Durante a carreira poderase observar unha eclipse solar parcial ( ver Eclipse solar do 3 de novembro de 2013) das 17:22 as 17:39 Hora local cando o sol poñerase.

Adestramentos libres Romain Grosjean e Lewis Hamilton lideraron na primeira sesión de adestramentos.

O piloto de Red Bull Sebastian Vettel venceu a seu compañeiro de equipo Mark Webber por unha décima de segundo na segunda sesión de adestramentos.

Durante a terceira sesión de adestramentos o piloto de Red Bull Sebastian Vettel terminou dúas décimas de segundo por diante de Mark Webber, que á súa vez era menos dunha centésima de segundo máis rápido que Lewis Hamilton de Mercedes.

Eliminatorias Mark Webber logrou a pole position en Abu Dabi. O compañeiro de Webber en Red Bull, Sebastian Vettel clasificou en segundo lugar. Os pilotos de Mercedes Lewis Hamilton e Nico Rosberg clasificaron na segunda fila da grella. Fernando Alonso clasificou décimo primeiro.

Jules Bianchi foi penalizado antes do inicio da cualificación con cinco posicións na grella por un cambio de caixa de cambios non programado.

Posteriormente á clasificación Kimi Räikkönen foi descualificado e relegado á vixésimo segunda posición da grella desde o quinto lugar conseguido orixinalmente na grella porque o chan do seu Lotus non pasou as probas de flexibilidade.

Carreira A carreira comezou con Sebastian Vettel no segundo posto da grella aínda que adiantou a Mark Webber na primeira curva e logo liderou ata a bandeira a cadros. Nico Rosberg acadou a segunda posición, mentres que Kimi Räikkönen que partía da última posición da grella rompeu a suspensión dianteira dereita despois de bater con Giedo van der Garde, retirándose da carreira. O alemá Nico Hülkenberg, durante a súa primeira parada en boxes considerouse que fixo unha saída pouco segura e foi penalizado cun drive through. Romain Grosjean, avanzou desde a sexta posición á cuarta posición logo da saída. Durante a primeira metade da carreira, Felipe Massa marchou por diante do seu compañeiro de equipo, Fernando Alonso, pero foi superado por Alonso nas últimas fases da carreira. Logo da segunda parada en boxes de Alonso, ao saír da rúa de boxes case bate con Jean-Eric Vergne, para esquivalo saíuse da pista de carreiras coas catro rodas nun movemento que foi investigado polos comisarios de carreira. Vettel gañou a carreira por 30´8s sobre Webber.

Logo da carreira Durante a volta posterior a finalización Vettel realizou un donut (derrape en círculo), como o fixo logo da carreira anterior na India. Vettel non foi penalizado polos comisarios.

Alonso foi enviado a revisión médica por precaución logo dun impacto nos pianos medido en 25g.

Clasificación Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella 1 2 Mark Webber Red Bull-Renault 1:41.568 1:40.575 1:39.957 1 2 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:41.683 1:40.781 1:40.075 2 3 9 Nico Rosberg Mercedes 1:41.420 1:40.473 1:40.419 3 4 10 Lewis Hamilton Mercedes 1:40.693 1:40.477 1:40.501 4 5 7 Kimi Räikkönen Lotus-Renault 1:41.276 1:40.971 1:40.542 22Kimi Räikkönen clasificou quinto, pero foi descualificado porque o chan do seu Lotus non pasou as probas de flexibilidade 6 11 Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 1:41.631 1:40.931 1:40.576 5 7 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 1:41.447 1:40.948 1:40.997 6 8 4 Felipe Massa Ferrari 1:41.254 1:40.989 1:41.015 7 9 6 Sergio Pérez McLaren-Mercedes 1:41.687 1:40.812 1:41.068 8 10 19 Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 1:41.884 1:40.852 1:41.111 9 11 3 Fernando Alonso Ferrari 1:41.397 1:41.093 10 12 14 Paul di Resta Force India-Mercedes 1:41.676 1:41.133 11 13 5 Jenson Button McLaren-Mercedes 1:41.817 1:41.200 12 14 18 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 1:41.692 1:41.279 15 15 16 Pastor Maldonado Williams-Renault 1:41.365 1:41.395 14 16 17 Valtteri Bottas Williams-Renault 1:41.862 1:41.447 15 17 12 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:41.999 16 18 15 Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:42.051 17 19 21 Giedo van der Garde Caterham-Renault 1:43.252 18 20 20 Jules Bianchi Marussia-Cosworth 1:43.398 21Jules Bianchi 20º cualificado, foi penalizado con cinco lugares na grella por cambiar a caixa de cambios 21 22 Charles Pic Caterham-Renault 1:43.528 19 22 23 Max Chilton Marussia-Cosworth 1:44.198 20 107% tempo: 1:47.741 Fonte:

Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 55 1:38:06.106 2 25 2 2 Mark Webber Red Bull-Renault 55 +30.829 1 18 3 9 Nico Rosberg Mercedes 55 +33.650 3 15 4 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 55 +34.802 6 12 5 3 Fernando Alonso Ferrari 55 +1:07.181 10 10 6 14 Paul di Resta Force India-Mercedes 55 +1:18.174 11 8 7 10 Lewis Hamilton Mercedes 55 +1:19.267 4 6 8 4 Felipe Massa Ferrari 55 +1:22.886 7 4 9 6 Segio Pérez McLaren-Mercedes 55 +1:31.198 8 2 10 15 Adrian Sutil Force India-Mercedes 55 +1:33.257 17 1 11 16 Pastor Maldonado Williams-Renault 55 +1:35.989 14 12 5 Jenson Button McLaren-Mercedes 55 +1:43.767 12 13 12 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 55 +1:44.295 16 14 11 Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 54 +1 volta 5 15 17 Valtteri Bottas Williams-Renault 54 +1 volta 15 16 19 Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 54 +1 volta 9 17 18 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 54 +1 volta 13 18 21 Giedo van der Garde Caterham-Renault 54 +1 volta 18 19 20 Charles Pic Caterham-Renault 54 +1 volta 19 20 22 Jules Bianchi Marussia-Cosworth 53 +2 voltas 21 21 23 Max Chilton Marussia-Cosworth 53 +2 voltas 20 Ret 7 Kimi Räikkönen Lotus-Renault 0 Accidente 22 Fonte:

Posicións despois da carreira

Clasificación do campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 Sebastian Vettel 347 10px 2 Fernando Alonso 217 10px 3 Kimi Räikkönen 183 10px 4 Lewis Hamilton 175 10px 5 Mark Webber 166

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Points 10px 1 Red Bull-Renault 513 10px 2 Mercedes 334 10px 3 Ferrari 323 10px 4 Lotus-Renault 297 10px 5 McLaren-Mercedes 95

Nota: Só os cinco primeiros postos están incluídos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 2013 Categoría:Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1