Noelia Rodríguez, nada en Lisboa o 14 de outubro de 1977, é unha escritora galega.

Traxectoria Nacida en Lisboa no seo dunha familia galega. Retorna a Galicia con tres anos, e pasa a súa infancia na aldea de Vilameá (Río Caldo, Lobios). Este tempo alimentará a súa linguaxe cunha variante do galego propia da Baixa Limia. Este feito marcará a súa escrita. Sendo estudante en Ourense, comezou a compoñer os seus primeiros escritos, ao tempo que formou parte da creación do Clube Literario Estudantil. Cursou estudos universitarios de Dirección de Empresas e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde continua escribindo e participando do ambiente artístico e literario da capital galega. Neste tempo participa en recitais poéticos e intégrase no Comité Teatro, colaborando de actriz e de coautora de textos ó longo de tres anos. Colabora con distintos medios tanto con achegas poéticas como con relatos breves. Actualmente reside en Santiago de Compostela.

Obras Poesía Sons de baleas (Edição Calidum, 2003)

Obras colectivas Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8

Outras Ten no prelo un segundo poemario: Non te esquezas dos peixes vermellos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas A autora en Vieiros

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Lisboa