El Eco de Pontevedra foi un periódico editado en Pontevedra en 1852.

Traxectoria Subtitulado Periódico semanal de anuncios y literatura, apareceu o 18 de xullo de 1852. Publicábase os domingos. O seu director e propietario era Luís de la Riega, que ademais colaboraba co pseudónimo de doctor Mendigo-Ría. Publicaba sobre todo artigos sobre o estado da agricultura, por iso cambiou o seu subtítulo nos últimos números polo de Periódico agrícola, comercial, literario y de anuncios.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1852 en Galicia