A dos pandálidos (Pandalidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos que comprende numerosas especies de camaróns comestíbeis e de alto valor económico.
Caracterízanse por teren o carpo do segundo pereiópodo subdividido e, sobre todo, pola falta de pinzas no primeio pereiópodo.Raymond T. Bauer (2004): Remarkable Shrimps: Adaptations and Natural History of the Carideans. Animal Natural History Series, nº 7. University of Oklahoma Press. ISBN 0-8061-3555-7.
É unha familia propia das augas frías, e os seus representaneds en zonas tropicais viven en augas profundas.
As súas diferentes especies, como as doutros camaróns, son relativamente abundantes nas augas salgadas e doces de todo o mundo, o cal os converte nun importante recurso pesqueiro e alimenticio. Practicamente, cada país ten receitas e formas particulares para preparar e consumir estes crustáceos.
A máis importante especie comercial de camarón é Pandalus borealis,Pandalus borealis (Krøyer, 1838) FAO, Species Fact Sheet. seguida de Crangon crangon, camarón da familia dos crangónidos.Crangon crangon (Linnaeus, 1758) FAO, Species Fact Sheet.
As capturas de P. borealis salvaxe son na actualidade unhas dez veces maiores que as de C. crangon. En 1950 a posición era ao revés, xa que as capturas de C. crangon foron unhas dez veces superiores ás de P. borealis.Baseada en datos tirados de FishStat database , FAO.
En 2010 a produción global en acuicultura de todas as especies de camaróns e lagostinos (3,5 millóns de toneladas) superou lixeramente ás capturas mundiais de especies salvaxes (3,2 millóns de toneladas).
Taxonomía A familia foi descrita en 1815 polo carcinólogo británico Adrian Hardy Haworth en: Haworth, A. H. (1825): "A new binary arrangement of the macrurous Crustacea" The Philosophical Magazine and Journal 65: 183-184.Pandalidae Haworth, 1825 no WoRMS.
Xéneros
Non hai unanimidade na comunidade científica sobre os xéneros que comprende a familia.
Segundo De Grave et al. (2009) serían:De Grave et al. (2009): "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans". Raffles Bulletin of Zoology, 21: 1-109 Texto orixinal en PDF .
Anachlorocurtis Hayashi, 1975 Atlantopandalus Komai, 1999 Austropandalus Holthuis, 1952 Bitias Fransen, 1990 Calipandalus Komai & Chan, 2003 Chelonika Fransen, 1997 Chlorocurtis Kemp, 1925 Chlorotocella Balss, 1914 Chlorotocus A. Milne-Edwards, 1882 Dichelopandalus Caullery, 1896 Dorodotes Bate, 1888 Heterocarpus A. Milne-Edwards, 1881b Miropandalus Bruce, 1983 Notopandalus Yaldwyn, 1960 Pandalina Calman, 1899 Pandalopsis Bate, 1888 Pandalus Leach, 1814 Pantomus A. Milne-Edwards, 1883 Peripandalus De Man, 1917 Plesionika Bate, 1888 Procletes Bate, 1888 Pseudopandalus Crosnier, 1997 Stylopandalus Coutière, 1905
Pero o SIIT só recoñece (outubro de 2013) os seguintes:Pandalidae Haworth, 1825 no SIIT.
Atlantopandalus Bitias Chlorotocus Dichelopandalus Heterocarpoides Heterocarpus Pandalina Pandalopsis Pandalus Pantomus Parapandalus Plesionika Stylopandalus
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ". Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
Outros artigos Crustáceos Decápodos Camaróns
Ligazóns externas Pandalidae en ADW.
Categoría:Carideos Categoría:Produtos da pesca