Jessica Alice Tandy, nada en Londres o 7 de xuño de 1909 e finada en Easton, Connecticut o 11 de setembro de 1994, foi unha actriz estadounidense nada no Reino Unido.

Traxectoria Comezou a súa carreira en Londres aos dezaoito anos e rodou algúns filmes no Reino Unido, pero tras divorciarse do actor Jack Hawkins marchou aos Estados Unidos, traballando tanto no teatro coma na radio, para pasar logo á televisión.

Debutou no cinema norteamericano en 1944 en The Seventh Cross. Dous anos despois participou en The Green Years, onde interpretaba a filla do seu marido, o actor Hume Cronyn.

Foi a protagonista da primeira representación de A Streetcar Named Desire.

A súa carreira cinematográfica seguiu de forma esporádica nas seguintes décadas. En 1989 protagonizou Paseando a Miss Daisy, coa que gañou o Oscar á mellor actriz, sendo a actriz de máis idade en gañalo.

Finou en 1994.

Filmografía Ano Filme 1932 The Indiscretions of Eve1938 Murder in the Family 1944 The Seventh Cross 1945 The Valley of Decision 1946 Dragonwyck 1946 The Green Years 1947 Forever Amber 1948 A Woman’s Vengeance 1950 September Affair 1951 The Desert Fox: The Story of Rommel 1958 The Light in the Forest 1962 Hemingway’s Adventures of a Young Man 1963 Os paxaros 1976 Butley 1981 Honky Tonk Freeway 1982 The World According to Garp 1982 Still of the Night 1982 Best Friends 1984 The Bostonians 1985 Cocoon 1987 Os nosos marabillosos aliados 1988 The House on Carroll Street 1988 Cocoon: The Return 1989 Paseando a Miss Daisy 1991 Fried Green Tomatoes 1992 Romance de outono 1994 Nobody’s Fool 1994 Camilla

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Óscar á mellor actriz