dereita|miniatura|Casas de Bailly, no Graxal. Santa María do Temple é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 9.177 habitantes (4.474 homes e 4.703 mulleres). A parroquia ten 7 lugares.

Xeografía O Temple é a única parroquia costeira do concello, sitúase fronte á ría do Burgo onde desemboca o río Mero. A marxe dereita do río pertence a Cambre, ata esta parroquia, e a esquerda a Culleredo ata Almeiras.

Cultura Toponimia O Temple é un topónimo latino ligado á orde dos templarios que se estableceron neste lugar.

Educación Nesta parroquia sitúase o galardoado IES Afonso X O Sabio.O IES Afonso X O Sabio resultou galardoado nos premios Innovagal 2020-2021. 2º premio na modalidade Centro Educativo e 1º premio na modalidade Docente.

Lugares e parroquias Lugares do Temple

Parroquias de Cambre

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cambre

Categoría:Parroquias de Cambre Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía