Os Premios Nacionais de Cultura de España son unha serie de galardóns a actividades e persoeiros da cultura española, que concede o Ministerio de Cultura de España.
Os premios son moi diversos entre si: algúns son moi antigos, remontando a súa orixe ás primeiras décadas do século XX, e outros son moi recentes, creados no século XXI; uns concédense a unha obra singular e outros a toda unha carreira; uns son regulares no tempo, e outros descontinuos; tamén as contías económicas varían entre todos eles.
Os premios son: Premio Nacional de Artes Plásticas de España Premio Nacional de Fotografía de España Premio Nacional de Deseño de Moda de España Premio Nacional de Cinematografía de España Premio Nacional das Letras Españolas de España Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Ensaio Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Literatura dramática Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Literatura infantil e xuvenil Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Narrativa Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Poesía Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Poesía Nova Miguel Hernández Premio Nacional de Historia de España Premio Nacional de Tradución de España Premio Nacional á obra dun Tradutor de España Premio Nacional de Literatura Infantil ao Mellor Labor de Tradución de Libros Infantís (extinto) Premio Nacional de Banda deseñada de España Premio Nacional de Ilustración de España Premio Nacional de Xornalismo Cultural de España Premio Nacional de Fomento da Lectura de España Premio Nacional ao mellor Labor Editorial Cultural de España Premio Nacional de Circo de España Premio Nacional de Danza de España Premio Nacional de Música de España Premio Nacional das Músicas Actuais de España Premio Nacional de Teatro de España Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade de España Premio Nacional de Restauración e Conservación de Bens Culturais de España Premio Nacional de Fomento da Creatividade no Xoguete de España Premio Nacional de Televisión de España Premio Nacional de Tauromaquia de España A estes habería que sumarlle, concedido polo Ministerio de Fomento de España: Premio Nacional de Arquitectura de España
Galegos que recibiron estes premios
Ao longo de case un século de premios, houbo 35 galegos, e mais unha empresa galega, que recibiron estes galardóns. Ata 2013, só o recibira unha muller galega.
Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Poesía
1993, José Ángel Valente 2001, José Ángel Valente (por segunda vez; a título póstumo) 2013, Manuel Álvarez Torneiro. 2019, Pilar Pallarés 2020, Olga Novo 2023, Yolanda Castaño
Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Narrativa
Alfredo Conde Camilo José Cela Wenceslao Fernández Flórez José María Merino Suso de Toro Manuel Rivas
Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Literatura infantil e xuvenil
Fina Casalderrey Agustín Fernández Paz Juan Farias Xabier Puente Docampo Paco Martín
Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Ensaio
Xusto Beramendi Luis González Seara
Premio Nacional de Banda deseñada de España
Miguelanxo Prado
Premio Nacional de Tradución de España
Basilio Losada José Luis Moralejo Xavier Senín José Fernández Lago Andrés Torres Queiruga
Premio Nacional de Arquitectura de España
1974, Alejandro de la Sota 1997, Manuel Gallego Jorreto 2000, César Portela 2018, Manuel Gallego Jorreto
Premio Nacional de Fotografía de España
Manuel Vilariño
Premio Nacional de Literatura de España na modalidade de Literatura dramática
Rubén Ruibal Manuel Lourenzo Paula Carballeira
Premio Nacional de Historia de España Xosé Filgueira ValverdeDe xeito colectivo, por España: Reflexiones sobre el ser de España (1998) Orden de 17 de decembro de 1998, Aguirre y Gil de Biedma, BOE n.º 8, 9 de xaneiro de 1999. Premio Nacional de Cinematografía de España Fernando Rey Premio Nacional de Xornalismo Cultural de España Antón Castro Premio Nacional ao mellor Labor Editorial Cultural de España Editorial Kalandraka
Tamén había en 2013 dezasete categorías que nunca corresponderan a ningún galego ou galega: Artes Plásticas, Deseño de Moda, Letras Españolas, Poesía Nova, Tradutor, Ilustración, Fomento da Lectura, Circo, Música, Músicas Actuais, Danza, Teatro, Artes Escénicas para a Infancia, Restauración, Creatividade no Xoguete, Televisión e Tauromaquia...
Notas
Categoría:Cultura de España Cultura