O Centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é un centro de interpretación aberto en decembro de 2012 na cidade de Vigo, de titularidade autonómica."El centro de interpretación de Cíes, listo para dinamizar el Casco Vello" Atlántico Diario . A temática é o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada), o único Parque Nacional en Galicia.

Historia do edificio

Descrición do centro de visitantes Sitúase no Edificio Cambón (trala Colexiata de Santa María), na rúa Palma da zona antiga. Dotado de área expositiva, auditorio, aulas e zonas de oficinas, fixéronse nel obras de rehabilitación por un importe superior aos catro millóns de euros, achegados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente."A Xunta xestiona dende hoxe o museo das Illas Atlánticas..." Xunta de Galicia.

O espazo inclúe pinturas, esculturas, fotografías, vídeos, sons e relevos. Entre o equipamento destacan catro teletransportadores, un por arquipélago, que son cabinas nas que sobe o usuario e experimenta efectos visuais e interactivos.

A entrada é gratuíta.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Casa Galega da Cultura Casa das Artes Ligazóns externas Presentación do equipamento (en PDF). 15px e na Revista da Tarde da Televisión de Galicia, 10/1/2013.

Illas Atlánticas Categoría:Parque Nacional das Illas Atlánticas