Rogelio Pampols Morer, nado en Almacelles (Lleida) o 6 de maio de 1936 e finado en Barcelona o 6 de outubro de 2023, foi un futbolista español. Xogaba de porteiro.

Traxectoria Na tempada 1959–60 debutou en Primeira División co Real Zaragoza, onde permaneceu até a tempada seguinte, participando tan só en 2 partidos en total na primeira campaña, sendo o suplente de Enrique Yarza.

Na tempada 1962–63 xogou co Deportivo da Coruña en Primeira División, sendo o suplente de Antonio Betancort. Esa campaña o equipo descendeu a Segunda División. Na tempada 1963–64 o equipo resultou campión da categoría, xogando Pampols como titular case toda a campaña (o seu suplente foi Padrón). Na tempada 1964–65 foi relegado á suplencia pola chegada de Juan María Benegas. Novamente o equipo descendeu a Segunda División ao remate da campaña.

Na tempada 1965–66 fichou polo CE Europa de Segunda División, onde permaneceu 3 campañas.

Palmarés Club Deportivo Segunda División: 1963–64

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en ceroacero.es

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Almacelles Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CE Europa