Electriclarryland é o sétimo álbum da banda estadounidense de rock experimental Butthole Surfers, publicado o 2 de abril de 1996 a través do selo Capitol Records. O grupo conseguiu o seu primeiro Top 40 co sinxelo "Pepper". O disco foi certificado ouro pola RIAA o 20 de agosto de 1996.

O título do álbum é unha parodia do terceiro traballo de Jimi Hendrix, titulado Electric Ladyland. Esta é a segunda vez que a banda unha un título de parodia nunha das súas edicións. A primeira vez foi co disco Hairway to Steven, que fai referencia á canción "Stairway to Heaven" de Led Zeppelin. O título orixinal do traballo ía ser Oklahoma!, pero por medo a demandas Capitol forzou á banda a cambiar o nome.

O álbum foi tamén editado nunha versión "limpa" onde se eliminaron as bocaladas, contando cunha nova portada e a banda acreditada como "B***h*** Surfers".

O tema "The Lord Is a Monkey" apareceu en dúa películas estreadas en 1996, Beavis and Butt-head Do America e Black Sheep.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Butthole Surfers Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums producidos por Paul Leary Categoría:Álbums de Capitol Records