José Peña Meléndez, coñecido como Pepe Peña, finado en Vilagarcía de Arousa o 17 de xuño de 1895Noticia en Gaceta de Galicia, 18-6-1895, p. 2., foi un debuxante e xornalista galego.

Traxectoria Profesor de Debuxo na Escola de Debuxo da Sociedade Económica e no Instituto de Santiago. Co seu irmán Valentín Peña fundou e dirixiu o periódico satírico El Ciclón. Escribiu a zarzuela De regreso de pascuas, estreada en Santiago de Compostela en 1886, e o xoguete cómico Un baño, estreado en Vilagarcía ese mesmo ano.

Vida persoal Casou con Paz Gil Serrano e foi pai de Ramón Peña Gil.

Notas

Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1895 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido