300px|miniatura|Rebeca e Eliezer, obra de Bartolomé Esteban Pérez Murillo, no Museo do Prado (Madrid). Rebeca é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita é común co aragonés, co castelán, co catalán e co portugués. A súa orixe é o hebreo Rivká 'lazo, vínculo', literalmente 'nó corredizo', de rabak 'atar'.

En xaneiro de 2023 existían 2.909 mulleres en Galicia co nome Rebeca, cunha media de idade de 35,6 anos.Nome Rebeca na Web do Instituto Galego de Estatística

Etimoloxía O seu significado máis probábel é ‘fascinante’. Pode ser de orixe aramea, aínda que isto é controvertido. W. F. Albright sostivo que significa ‘terra’, e que era o nome dunha deusa-terra. En grego tamén pode significar ‘fertilidade’.

Uso do nome A primeira mención ao nome atópase no Antigo Testamento (véxase Rebeca), coma dona de Isaac (fillo do patriarca Abraham), e nai de Xacob e mais de Esaú.

Rebeca é un dos nomes máis populares para as raparigas nos Estados Unidos, Australia, o Canadá, Irlanda, o Reino Unido e Suecia. En Galiza non é un dos nomes máis populares, e ningunha das parroquias galegas leva o nome de Rebeca como padroeiro.

Onomástica 23 de marzo: Rebeca de Himlaia (Santa Rebeca de Himlaia - Rafka Choboq Ar-Rayes) nada en Himlaia, o 29 de xuño de 1832 e finada en Batroun o 23 de marzo de 1914. Foi unha relixiosa maronita libanesa, o seu nome real era Petra Choboq Ar-Rayes, descendía dunha familia campesiña.

Personaxes Históricas Rebeca, muller da Biblia do Antigo Testamento. Galegas Rebeca Montero, actriz galega (n. 1967); Rebeca Baceiredo, filósofa e escritora galega (n. 1979); Doutras nacionalidades Rebecca Mader, actriz inglesa (n. 1977); Rebecca Romijn, actriz e modelo estadounidense (n. 1972); Rebecca West, escritora e xornalista de orixe irlandesa (n. 1892); Rebecca Latimer Felton, escritora, profesora, reformista estadounidense (n. 1835); Rebeca Clarke, compositora e violista inglesa (n. 1866); Rebeca Correa, poeta e tradutora neerlandesa-portuguesa en lingua castelá (n. 1655); Rebeca Acevedo, profesora e botánica chilena (n. 1902); Rebeca Matte Bello, escultora chilena (n. 1875); Rebecca Hall, actriz británica de cinema e televisión (n. 1982);

Rebeca noutras linguas

Alemán: Rebekka, Rebekah, Rebecka, Rebecca, Rebeccah, Rebeca, Becka, Becke, Beke Árabe: هفيفار (Rafiq) Aragonés: RebecaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Búlgaro: Ребека (Rebeka) Castelán: Rebeca, Rebe, Beca Catalán: Rebeca Dinamarqués: Rebekka Francés: Rebecca, Rebèque Grego: Ρεβέκκα (Revekka) Hebreo: רִבְקָה ,רבקה אמנו (Rivqa, Riḇqāh) Hebreo estándar: Rivqa Hebreo tiberiano: Riḇqāh Húngaro: Rebeka, Baka Inglés: Rebecca, Rebekah, Rebeccah, Becky, Bekah, Reba Neerlandés: Rebecca, Rebekka Polaco: Rebeka Romanés: Rebeca Ruso: Ревекка (Revekka) Sueco: Rebecka

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe grega Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos aragoneses Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos cataláns Categoría:Nomes femininos portugueses