Alan Jeffery Anderson, nado o 18 de outubro de 1982 en Minneapolis, Minnesota, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Lakeland Magic da NBA G League.

Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2005, Anderson asinou cos Charlotte Bobcats en agosto de 2005. Foi cortado polos Bobcats o 28 de novembro de 2006, pero asinou de novo o 17 de marzo de 2007, para o remate da tempada 2006-07. Entre as dúas etapas, estivo xogando para os Tulsa 66ers da NBA Development League, nos que acadou 15.8 puntos por partido.

O 21 de decembro de 2010, asinou co FC Barcelona, onde foi elixido mellor xogador da Copa do Rei da tempada 2010-11.

O 26 de marzo de 2012, Anderson asinou un contrato de dez días cos Toronto Raptors. O 17 de abril de 2012, fichou cos Raptors para o resto da tempada 2011-12. Saíu de titular en 12 dos seus 17 partidos con Toronto, nos que fixo 9.6 puntos por encontro en 27.1 minutos. Asinou de novo cos Raptors o 30 de xullo de 2012.

O 30 de xullo de 2013, Anderson asinou cos Brooklyn Nets.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Minneapolis, Minnesota Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores do BC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores do KK Cibona Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers