Santiago de Sísamo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2019 a súa poboación descendera ata os 771 habitantes, sendo 384 homes e 387 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 890 habitantes (462 mulleres e 428 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 876 habitantes.

Patrimonio miniatura|esquerda|Igrexa de Santiago de Sísamo. A igrexa de Santiago de Sísamo é basicamente de estilo neoclásico, pero mantén algúns trazos da arte románica.

Moi preto da igrexa parroquial está o pazo do Souto, unha casa señorial construída en 1833 que acolle hoxe un establecemento de turismo rural.

Lugares e parroquias Lugares de Sísamo

Parroquias de Carballo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballo

Ligazóns externas Sísamo na web do concello de Carballo

Categoría:Parroquias de Carballo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior