The School for Scandal, Op. 5, é unha abertura do compositor estadounidense Samuel Barber. O seu título refírese á obra teatral de Richard Brinsley Sheridan The School for Scandal, e a abertura de Barber pretende reflectir o espírito da obra. A obra dura en torno aos 8 minutos.

Historia Composta en 1931, foi a primeira composición de Barber para orquestra completa, realizada cando o compositor estaba a rematar oas seus estudos no Curtis Institute of Music de Filadelfia.Overture to “The School for Scandal” (1931) en www.musicsalesclassical.com A súa estrea tivo lugar o 30 de agosto de 1933 coa Philadelphia Orchestra baixo a dirección de Alexander Smallens,Notas ao programa da Arkansas Symphony Orchestra durante un concerto ao aire libre no Robin Hood Dell de Philadelphia ante unhas 8.000 persoas. Cando se estreou a obra Barber se encontraba nas súas habituais vacacións en Italia, enterándose posteriormente da representación.

A abertura axudou a Barber a conseguir reputación nacional e converteuse nos anos '50 nunha obra interpretada regularmente no repertorio das orquestras estadounidenses. A obra gañou o Joseph H. Bearns Prize da Universidade de Columbia en 1933.

A versión completa da abertura foi gravada pola Saint Louis Symphony Orchestra baixo a batuta de Leonard Slatkin polo selo discográfico EMI.

Características A obra, estruturada en forma sonata, caracterízase pola brillantez orquestral e por unha serie de cambios no tempo e a dinámica. A adaptación que Barber fai da obra teatral sérvese das diferentes cores que lle proporciona a orquestra para suxerir distintas personaxes e emocións.Barber: The School for Scandal no blog da Detroit Symphony Orchestra

A abertura, en forma sonata, comeza exaltada cun acorde áspero e disonante ao que seguen pasaxes melódicos desordenados. Esta suposta desorganización pronto cede a un tema principal que conduce a un enérxico ostinato. O segundo tema comeza como un solo de óboes que é acompañado polas harmonías das cordas, para que posteriormente o clarinete peche a exposición. As pasaxes cantabile das madeiras proporcionan contraste ás liñas longas, vigorosas nas cordas. Volve o tema inicial e todos os temas son oídos unha vez máis. A obra finaliza cunha coda bailada enxeñosa e brillante coas cordas en pizzicato, con ventos coloridos, que transmite a alegría de vivir da comedia costumista.

Instrumentación Instrumentación de The School for Scandal |- | bgcolor="#FFECB2"|Madeiras 2 Frautas, piccolo, 2 óboes, corno inglés, 2 clarinetes, clarinete baixo, 2 fagots,Metais |- | | 4 trompas, 3 trompetas, 3 trombóns, tubas |- | bgcolor="#FFECB2"|Percusión Timpani, bombo, pratos, ferriños, campásCordas |- | | Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos, arpas |- | bgcolor="#FFECB2"|Tegra Celesta

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Artigo sobre The Shool for Scandal por Marc Mandel "Barber (1910-81) - Overture: The School for Scandal" por Paul Serotsky The School for Scandal pola Metropolitan Symphony Orchestra dirixida por William Schrickel (en YouTube)

Categoría:Composicións musicais de Samuel Barber Categoría:Composicións musicais de 1931