Mason Alexander Plumlee, nado o 5 de marzo de 1990 en Fort Wayne, Indiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria Plumlee foi elixido na 22ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Brooklyn Nets. O 3 de xullo de 2013 asinou o seu contrato de rookie cos Nets.
O 25 de xuño de 2015, Plumlee foi traspasado xunto os dereitos de Pat Connaughton ós Portland Trail Blazers a cambio de Steve Blake e os dereitos de Rondae Hollis-Jefferson.
O 13 de febreiro de 2017, Plumlee foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós Denver Nuggets, a cambio de Jusuf Nurkić e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2017. O 20 de setembro de 2017, renovou o seu contrato cos Nuggets.
O 1 de decembro de 2020, Plumlee asinou cos Detroit Pistons.
O 6 de agosto de 2021, Plumlee e os dereitos de JT Thor foron traspasados ós Charlotte Hornets a cambio dos dereitos do Draft de Balša Koprivica.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no condado de Allen, Indiana Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers