Mammutidae é unha familia extinta de mamíferos proboscídeos non deben confundirse cos mamuts.

Historia evolutiva A familia está lixeiramente emparentada coa dos elefántidos, onde se clasifican os elefantes actuais. Apareceu en Eurasia, no Oligoceno, hai uns 20 millóns de anos, e desde alí estendeuse tanto a África, como ás Américas, onde a familia persistiu ata o Plistoceno e ata o Holoceno (época actual). Admítese como probable que a extinción, fai só 10.000 a 8.000 anos, da última especie, Mammut americanum, cuxos fósiles foron atopados tanto en Norteamérica, como en Suramérica, fóra acelerada pola caza practicada polos primeiros poboadores humanos de América.

Categoría:Proboscídeos