Physalis (os fisalis) é un xénero de plantas da familia das solanáceas (familia da tomateira e a pataqueira), nativo das rexións temperadas, cálidas e subtropicais de todo o mundo.

Como ocorre con outras especies e froitas exóticas, os fisalis medran moi ben nas condicións galegas e do norte da península en xeral.

Nomes comúns left|230px|miniatura|Physalis sp. Froito Non ten a especie un nome vulgar galego agás o xenérico: fisalis, xa que non é unha planta europea. No Perú coñécese como "aguaymanto" e "capulí". No Ecuador coma "uvilla", en México co nome de coztomate e en lingua otomí como depe; en Colombia "uchuva".

Descrición O xénero caracterízase polo seu froito arroibado, amarelento e miúdo, semellante en tamaño, forma e estrutura a un tomate, mais envolto en parte ou completamente por unha casca grande que deriva do cáliz.

O seu cultivo, orixinario de América do Sur, remóntase ao período dos Incas no Perú.

Caracterízase por ser unha baga carnosa, doce e un chisco aceda, bastante zumarenta en forma de globo ou ovoide cun diámetro. O seu peso aproximado varía entre 4 e 7 g de media, está cuberta por un cascabullo formado por cinco sépalos que o abeira de insectos, paxaros, patóxenos e condicións climáticas extremas.

Naturalización En Galiza e cornixa cantábrica cultívase xeralmente coma aproveitamiento marxinal porque medra de xeito doado nos climas frescos e húmidos de influencia mariña. En Asturias atópase incluso como subespontánea.

Propiedades Unha das principais características do froito son as súas excelentes cualidades nutricionais que foron pouco difundidas, especialmente as súas propiedades de redución de colesterol, o seu alto contido de fibra, vitamina A e apreciado polo seu excelente e alto contido de caroteno e vitamina C, e o seu baixo nivel de calorías. Rico en minerais, especialmente calcio, ferro e fósforo; contén niveis importantes de proteína. Fortalece o sistema inmunitario e a visión, ademais de funcionar como antioxidante. É ademais unha boa fonte de pectina. Outra das bondades do Physalis é a súa gran duración a temperatura ambiente da vida post colleita.

miniatura|240px|Ilustración de Hortus Elthamensis Composición nutricional (100 g de polpa)

Calorías: 54 Auga g: 79 Proteínas g: 1,1 Graxas g: 0,4 Glícidos: 13,1 Fibra g: 4,8 Cinsas g: 1 Calcio mg: 7 Fósforo mg: 38 Ferro mg: 1,2 Vitamina A (UI):648 Tiamina mg: 0,18 Riboflavina mg: 0,03 Niacina mg: 1,3 Ácido ascórbico mg: 20 Polpa g /100 g froita: 70 Pela/100 g froita: 3,5 Sementes /100 g froita: 26,5

Usos O seu consumo é en forma natural, en fondos de chocolate, repostaría, xeleas, zumes, xeados, doces, marmeladas, en mollos para carnes brancas e ensaladas e incluso coma decoración de pratos especiais. Internacionalmente considéraselle coma unha froita exótica. Industrialmente fabrícanse marmeladas, néctares, zumes turbios, e conservas con resultados moi satisfactorios, ofrecendo un rendimento de 83 a 86% en polpa.

Especies

Subxéneros, seccións e especies de Physalis Xénero (Physalis) Subxénero Physalis Physalis alkekengi L.- Alquequenxe) Subxénero Physalodendron Physalis arborescens L. Physalis melanocystis Bitter Subxénero Quincula Quincula lobata (syn. Physalis lobata) Subxénero Rydbergis Sección Angulatae Physalis acutifolia (Miers) Sandwith Physalis ampla Waterf. Physalis angulata L. Physalis carnosa Standley Physalis crassifolia Benth. Physalis lagascae Roem. & Schult. Physalis microcarpa Urb. & Eckman Physalis philadelphica Lam.) Physalis solanacea (syn. Margaranthus solanaceous) Physalis sulphurea (Fernald) Waterf. Sección Campanulae Physalis campanula Standl. & Steyerm. Physalis glutinosa Schlecht. Sección Coztomatae Physalis aggregata Waterf. Physalis angustior Waterf. Physalis chenopodifolia Lam. Physalis coztomatl Dunal Physalis greenmanii Waterf. Physalis hintonii Waterf. Physalis lassa Standley & Steyerm. * Physalis lignescens Waterf. * Physalis longiloba Vargas, M. Martínez & Dávila * Physalis longipedicellata Waterf. Physalis mcvaughii Waterf. * Physalis orizabae Dunal * Physalis pennellii Waterf. Physalis philippiensis Fernald Physalis pringlei Greenm. Physalis sancti-josephi Dunal Physalis subrepens Waterf. Physalis waterfallii Vargas, M. Martínez & Dávila * Sección Epeteiorhiza Physalis angustiphysa Waterf. Physalis cordata Mill. Physalis grisea (Waterf.) M. Martínez Physalis ignota Britton Physalis latiphysa Waterf. Physalis leptophylla B.L. Rob. & Greenm. Physalis minuta Griggs Physalis missouriensis Mack. & Bush Physalis neomexicana Rydb. Physalis nicandroides Schlecht. Physalis patula Mill. Physalis porrecta Waterf. Physalis pruinosa L. Physalis pubescens L. Physalis tamayoi Vargas, M. Martínez & Dávila * Sección Lanceolatae Physalis caudella Standl. Physalis fendleri A. Gray Physalis gracilis Miers Physalis hastatula Waterf. Physalis hederifolia A. Gray Physalis heterophylla Nees Physalis ingrata Standley Physalis lanceolata Michx. Physalis longifolia Nutt. Physalis muelleri Waterf. Physalis peruviana L.) Physalis pumila Nutt. Physalis queretaroensis M. Martínez & L. Hernandez * Physalis sordida Fernald Physalis virginiana Mill. Physalis volubilis Waterf. Sección Rydbergae Physalis minimaculata Waterf. Physalis rydbergii Fernald Sección Tehuacanae Physalis tehuacanensis Waterf. Sección Viscosa Physalis angustifolia Nutt. Physalis cinerascens A. S. Hitchcock Physalis mollis Nutt. Physalis vestita Waterf. Physalis viscosa L. Physalis walteri'' Nutt.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Alquequenxe Ligazóns externas ITIS Sorting Physalis names Plants for a future

Categoría:Froiteiras Categoría:Froitas exóticas Categoría:Flora de América do Sur