Santa Baia de Cañás é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carral. Segundo o IGE en 2017 tiña 377 habitantes (188 mulleres e 189 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2006 cando tiña 353 habitantes.
Cultura Topónimo Cañás podería ser un fitotopónimo que reflicte a presenza de canas, e que puido ter a súa orixe entre os séculos X e XIII, inda que non existe documentación que o confirme.
Patrimonio A igrexa de Santa Baia, construída no século XVIII no lugar de Bacelo, representa un exemplo da arquitectura tradicional galega, con escasos ornamentos. A espadana que soporta o campanario é o máis destacable. Nesta parroquia atopábase o pazo de Cañás, do que xa non queda ningún resto.Catágolo do PXOM do concello de Carral. 2016. Nas inmediacións da estrada que une Sergude con Cañás, preto do desvío do Camiño Inglés, atópase unha antiga fonte medicinal, que contou con moita sona na comarca décadas atrás grazas ás súas altas concentracións de ferro. Actualmente está en situación de abandono. No lugar da Ribeira de Cañás atópase a edificación que acolle á estación depuradora de augas, que abastece actualmente ao concello de Carral, e que ata o ano 1940 abastecía a toda a cidade da Coruña. Esta edificación, de estilo modernista, foi construída en 1908 e ampliada en 1922. A depuradora de Cañás foi a segunda en España en subministrar auga filtrada á poboación. En Cañás están o castro de Ameás no lugar de Vista Real e o castro de Cañás na Lavandeira.
Etnografía Festas Celebran as festas na honra da Virxe do Carme na primeira fin de semana de agosto e na honra de Santa Baia en decembro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cañás
Parroquias de Carral
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carral
Categoría:Parroquias de Carral Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía