Ecdótica en filoloxía é a crítica do texto cuxa finalidade é a de aproximar de novo un texto o máis posíbel á súa forma orixinaria, é dicir, á que quixo o autor. Deriva do grego ἔκδοτος ékdotos editado: ecdótica é o termo usado polo filólogo francés Dom Henri Quentin (1872-1935).
A crítica textual abrangue todo tipo de texto, do literario ao musical.
Tal crítica necesita o coñecemento doutros campos do saber, entre os cales están a historia, a literatura, a lingua e a filosofía subxacentes ao texto. No caso dun texto literario, a finalidade da ecdótica é establecer a edición do texto mesmo, posibelmente unha edición crítica. Historia Nada no período helenístico co obxectivo da restauración dos textos, a crítica textual adornouse durante o humanismo coa contribución de varias disciplinas, das históricas ás xurídicas.
A finais do século XVIII, grazas aos progresos da filoloxía, da técnica formal e da elaboración de referencias e modelos racionais, asumiu, aínda máis conscientemente, a función de historiador da tradición do libro que se estaba a examinar."Le Muse", De Agostini, Novara, 1965, Vol.IV, páx.13-14
Fases Habitualmente, a ecdótica segue as fases seguintes: Recoñecemento da tradición, ou sexa, a recuperación de todos os materiais aptos para a reconstrución do texto. a tradición subdivídese en directa, no caso de textos impresos, manuscritos, esbozos, e no tipo indirecto, en presenza de comentarios, citacións, imitacións e traducións. Colocación da tradición directa. Eliminación das copias das que dispoñamos do orixinal. Definición do chamado stemma codicum ou árbore xenealóxica, é dicir, a representación dos varos estadios de modificación do texto sucedidos durante a transmisión. Conxectura. Onde intervén a tradición indirecta, por medio de operacións de tipo intuitivo e interpretativo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Giorgio Pasquali, Storia della tradizione e critica del testo, Firenze, 1954. Gianfranco Contini, Breviario di ecdotica , Torino, Einaudi, 1990. Cesare Segre, Due lezioni di ecdotica, Pisa, Scuola normale superiore, 1991. Giorgio Inglese, Come si legge un'edizione critica. Elementi di filologia italiana, Roma, Carocci, 2003. Outros artigos Filoloxía Edición Método de Lachmann Lectio difficilior potior
Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20100111052204/http://w3.uniroma1.it/cogfil/ecdotica.html The European Society for Textual Scholarship. Society for Textual Scholarship.
Categoría:Filoloxía