San Fiz de Esteiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 562 habitantes (284 homes e 278 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 588 habitantes.
Xeografía A parroquia de Esteiro esténdese pola ribeira sur da ría de Cedeira e na marxe dereita do río Porto de Cabo. Ten como lindes polo norte a parroquia de Piñeiro separada polo regato de Cordobelas e o alto da Trabe; polo sur limita coas terras do concello de Cerdido no río Porto de Cabo, e polo oeste o mesmo río sepáraa das do concello de Valdoviño.
A estrada de Ferrol a Cedeira atravesa esta parroquia de norte a sur bordeando a ría polos lugares de Lamestra, Sáa, Campo da Cruz e Cordobelas. Dende esta sae outra que vai até San Román de Montoxo polos lugares de Vilela, Laxe, Sisalde e Noval
Patrimonio Na beira dereita do río Lamestra ao pé da estrada que vai até San Román de Montoxo érguese a igrexa parroquial na honra de San Fiz.
Lugares e parroquias Lugares de Esteiro
Parroquias de Cedeira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cedeira
Categoría:Parroquias de Cedeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Fiz