Francisco Cortegoso, nado en Pontevedra o 17 de agosto de 1985 e finado no Teso (Bora, Pontevedra) o 5 de outubro de 2016, foi un poeta galego.
Traxectoria Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Deuse a coñecer como poeta en 2008 na Revista das Letras de Galicia Hoxe con "Ningún home". En 2013 gañou o Premio de poesía Pérez Parallé co poemario Memorial & danza. En 2016 apareceu Suicidas, o seu segundo poemario, publicado o día do seu falecemento. No 2023 publícase Nocturno de verán e outros poemas, poemario que recolle poemas inéditos e outros que só foran editados en publicacións periódicas.
Obra
Poesía Memorial e danza (Espiral Maior, 2014) Suicidas (Chan da Pólvora, 2016) Nocturno de verán e outros poemas (Chan da Pólvora, 2023)
Obras colectivas No seu despregar (Apiario, 2016).
Notas
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1985 Categoría:Finados en 2016