A batalla de Messines foi unha batalla da Primeira guerra mundial, que forma parte do conxunto de batallas da carreira cara ao mar, acontecidas entre setembro e novembro de 1914. Os combates producíronse entre o río Douve e a canle Ypres-Comines. No norte, a batalla enlaza cos combates da primeira batalla de Ypres e no sur cos combates da batalla de Armentières.

Os británicos, considerando que na zona non existían fortes posicións xermanas, enviaron a Cabalería, para protexer ao III Corpo que estaba loitando en Ypres. As tropas aliadas atacaron en Mont des Cates e Flêtre, tomando Mont des Cates, e forzando aos alemáns a evacuar as súas tropas en Armentières.

O 14 de outubro, o VI Exército alemán recibiu a orde de conter a ofensiva británica, mentres que o IV Exército atacaría dende Menin ata a costa francesa. As tropas de Cabalería británica, reforzadas por tropas indias, mantiveron a ofensiva ata finais de outubro. O 31 de outubro, as tropas alemás contraatacaron, no contexto de ofensiva xeral da primeira batalla de Ypres, forzando aos británicos a retirarse máis aló de Messines. As tropas francesas reforzaron a liña británica, e a pesar de perder o control sobre varias posicións, mantiveron a liña do fronte estable.

Véxase tamén Ligazóns externas Rickard, J (26 de agosto de 2007), Battle of Messines, 12 October-2 November 1914

Categoría:Batallas da primeira guerra mundial Categoría:1914 Categoría:Batallas do século XX