Kutxabank é un banco creado o 1 de xaneiro de 2012 como resultado da fusión fría do negocio bancario de tres caixas de aforros vascas: BBK (incluída CajaSur), Kutxa e Caja Vital, as cales traspasaron o seu negocio financeiro e a carteira de clientes.

Historia O 16 de setembro de 2011, as asembleas extraordinarias de BBK e Caja Vital aprobaron a creación do banco Kutxabank a través do cal exercerían a súa actividade financeira. O 23 de setembro a asemblea de Kutxa deu igualmente a súa aprobación ao proxecto.Broche de oro al nacimiento de Kutxa Bank

O 1 de xaneiro de 2012, Kutxabank iniciou a actividade, un banco que xurdiu do proceso de integración mediante un SIP (ou fusión fría) das tres caixas vascas (BBK, Kutxa e Caja Vital).

Accionistas Os seus accionistas son as tres caixas de aforros do País Vasco:

Accionista Capital BBK 57% Kutxa 32% Caja Vital 11%

Participacións Lista de empresas nas que Kutxabank ten participación:Kutxabank marca el camino

Cotizadas Sector Sociedade CapitalEnerxía Iberdrola 4,926%Kutxabank hace caja al cobrar en efectivo su parte del dividendo de Iberdrola Enagas 5% CLH 5% Red Eléctrica 2,2% Alimentación Deoleo 5,461% Obra civil CAF 19,056%Farmacéutico Zeltia 3,002% Natraceutical 4,588% Turismo NH Hoteles 6,25%

Non cotizadas Sector Sociedade Capital Telecomunicacións Euskaltel 49,9%Financeiro CajaSur Banco 100% Kutxa Banque 100% Luzaro 100% Biharko Aseguradora 33,3% Biharko Vida y Pensiones, Compañía de Seguros y Reaseguros S.A. 33,3% Norbolsa 85%Ipar Kutxa adquiere un 5% de Norbolsa, cuya mayoría ostenta Kutxabank Enerxía Petronor 14,02% Infraestruturas Arecibo Servicios y Gestiones 31,20% Enxeñería Ingeteam 24,4% Obra Civil Excavaciones y Transportes Besaide 50%Informática Informática de Euskadi 49% Ibermática 15% Serinor 75,49% Servimática 28% Saregi Servicios Internet 95%

Rede de oficinas No segundo trimestre de 2013, a entidade contaba cunha rede de 1.086 oficinas. Nelas, mantéñense as marcas comerciais BBK, Kutxa e Caja Vital no País Vasco. En Andalucía e Estremadura, utilízase a marca CajaSur, referente á súa filial CajaSur Banco. No resto de España, utilízase a marca Kutxabank.

Notas

Véxase tamén Outros artigos BBK Kutxa Caja Vital CajaSur

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Bancos de España Categoría:Empresas do País Vasco