Borrelia recurrentis é unha especie de bacteria do grupo das espiroquetas, que causa a febre recorrente epidémica. B. recurrentis transmítese xeralmente de persoa a persoa a través dun vector, que é o piollo humano corporal (Pediculus humanus humanus), o cal foi descuberto por Otto Meier no século XIX.Boutellis A, Mediannikov O, Bilcha KD, Ali J, Campelo D, Barker SC, et al. Borrelia recurrentis in head lice, Ethiopia. Emerg Infect Dis [Internet]. 2013 May [May 13, 2013]. http://dx.doi.org/10.3201/eid1905.121480 DOI: 10.3201/eid1905.121480.

Un estudo de 2011 encontrou ADN de B. recurrentis no 23% dos piollos da cabeza (Pediculus humanus capitis) de pacientes de febre recorrente transmitida por piollos en Etiopía. Quedou por determinar se o piollo da cabeza pode transmitir a enfermidade de persoa a persoa (ademais do piollo corporal).

A especie é notable pola súa capacidade de alterar as proteínas que expresa na súa superficie, o cal causa a recorrencia característica da enfermidade que produce.

Como ocorre con moitas outras especies de Borrelia, o cultivo de B. recurrentis é difícil e pouco fiable como proba. O patóxeno pode cultivarse in vitro en medios de cultivo especiais (BSK-II), pero en certas circunstancias require unha incubación de ata 4 semanas. Outra dificultade é o illamento do patóxeno dos fluídos corporais (sangue), que só ten éxito en aproximadamente o 10-20% dos casos.

A detección destes patóxenos realízase facendo unha identificación molecular utilizando a reacción en cadea da polimerase (PCR) ou microscópica no sangue do paciente. A preparación faise con tinguidura Giemsa ou tinguidura de Wright. As bacterias vivas poden detectarse mediante microscopía de campo escuro ou de contraste de fase.

Notas

Categoría:Espiroquetas