"Aerials" é unha canción da banda estadounidense de metal alternativo System of a Down, publicada como sinxelo do álbum Toxicity o 11 de xuño de 2002. O tema foi número 1 nas listas da Billboard Hot Mainstream Rock Tracks e Hot Modern Rock Tracks.

Aínda que a versión do álbum de "Aerials" ten unha duración de 6:11, hai unha canción oculta titulada "Arto" que comeza aos 3:58. "Arto" (nome non oficial da canción) conta co músico turco-armenio Arto Tunçboyacıyan, que toca coa banda o himno de igrexa tradicional de Armenia "Der Voghormya".

Listaxe de cancións

Categoría:Sinxelos de 2002 Categoría:Cancións de System of a Down