Daniel Ojea Sarmiento, nado en Ponteareas en 1920 e finado no mesmo concello o 29 de xaneiro de 1962,El Pueblo Gallego, 30-1-1962, p. 16. foi un empresario e político galego.
Traxectoria Empezou a súa carreira profesional na empresa de autobuses Ojea do seu avó, Daniel Ojea Ferro. Foi nomeado alcalde de Ponteareas e tomou posesión o 24 de abril de 1950. Mantívose no cargo ata o 15 de febreiro de 1960. Foi deputado provincial.
Vida persoal
Casou con Luz Vidal, filla de Ramiro Vidal Carrera. Foi irmán de Manuel Ojea Sarmiento.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Daniel Ojea, 'el alcalde altruista'
Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Ponteareas
Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes