O dequeísmo consiste nunha utilización incorrecta da partícula de (preposición) xunto á partícula que (conxunción) en proposicións completivas ou subordinadas substantivas de complemento directo:
Díxome de que virá mañá pola tarde (incorrecto) por Díxome que virá mañá pola tarde (correcto). Pensou de que a terra era redonda (incorrecto) por Pensou que a terra era redonda (Correcto). Opinaban de que as eleccións estaban amañadas (incorrecto) por Opinaban que as eleccións estaban amañadas (correcto)
O dequeísmo é un anacoluto que deriva do cruzamento de dúas estruturas sintácticas, a de complemento directo e a de complemento de réxime ou, na terminoloxía de Emilio Alarcos Llorach, suplemento:
Pensou (diso) que non era o correcto = Pensou de que non era o correcto.
Por ultracorrección, ás veces pode darse o fenómeno contrario: a supresión dun de necesario na construción dun complemento de réxime ou suplemento.
Categoría:Morfosintaxe