Bolinus brandaris é un molusco gasterópodo mariño que vive en augas pouco profundas.

thumb|right|250px|Detalles.

Descrición Cuncha duns 8 cm de lonxitude. O canal sifonal é longo e recto, tanto que pode supoñer a metade da lonxitude total da cuncha. É bastante robusto e con grandes espiñas dispuestas en fileira arredor da cuncha. Presenta unhas 6 voltas, sendo a última moito máis larga que as demais. O animal presenta un opérculo córneo no pé.

Distribución e hábitat Habita en fondos areoso-fangosos ou detríticos, cerca das rompentes do Mediterráneo e Atlántico oriental.

Reprodución Reprodúcese ao final da primavera poñendo os ovos en niños esbrancuxados esponxosos.

Alimentación É un molusco depredador e carnívoro, aliméntase doutros moluscos, bivalvos ou gasterópodos.

Gastronomía Como bo gasterópodo mariño comestible, este molusco forma parte da nosa alimentación.

Moi consumido en Andalucía, onde o nome derivou de cañadilla a cañaílla. Incluso en San Fernando, compártese indistintamente o xentilicio de isleño co de cañaílla.

Cada mes de xuño, na poboación de L'Escala (Costa Brava) celébrase un festival gastronómico dedicado a este molusco.

Na provincia de Málaga, este molusco recibe o nome de búsano, aínda que este nome corresponde a un molusco parecido de cuncha máis robusta que Bolinus brandaris, e con pugas e sifón máis curtos, de cor verdosa, de forma máis redondeada e de sabor máis forte (Hexaplex trunculus, tamén coñecido como Murex trunculus).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en pescaderiascorunesas.es

Categoría:Gasterópodos