thumb|Ostrakon, ὄστρακον. As persoas nomeadas son de arriba abaixo Pericles, Cimón e Arístides. O ostracismo (do grego ὀστρακισμός ostrakismós) foi unha institución xurídica da democracia ateniense utilizada para castigar cun exilio temporal de dez anos a todo o que puidese representar un perigo para a cidade. No uso corrente o ostracismo significa excluír a alguén da sociedade ou da comunidade impedíndolle a comunicación.
Segundo Aristóteles o ostracismo foi ideado por Clístenes o -510, pero segundo algúns se ten que datar a súa institución vinte anos despois, cando se aplicou a Hiparco de Colarxes, da familia dos Pisistrátidas.
O ostracismo consistía nunha votación, durante a oitava pritanía, cando o nome do individuo penado tiña que ser escrito nun anaco de terracota ou óstrakon.
O carácter político do xuízo de ostracismo emerxe claramente do feito de que a condena non require e non comporta unha acusación penal: Plutarco, por exemplo explica que Arístides sufriu ostracismo porque a súa boa fama e reputación facíano, independentemente das súas intencións, un tirano potencial.
Usábase o óstrakon porque o papiro era moi caro e importado de Exipto.
Para que a votación fose válida tiñan que participar polo menos 6.000 cidadáns. Moitos notábeis políticos democráticos sufriron ostracismo. Nalgúns casos aprobáronse leis especiais para recuperar a cidadáns exiliados, por exemplo, nas guerras contra os persas recuperouse a Arístides.
Segundo AristótelesAristóteles, Política, viii, 3, 1302b. tamén en Argos se practicaba o ostracismo. Na obra de Aristófanes dise que en Mégara e en Mileto tamén había ostracismo.Escolio a Aristófanes, Os cabaleiros, 855.
Cidadáns notábeis penados con ostracismo Hiparco de Colarga, -487. Megacles, -485. Arístides, -482. Temístocles, -471. Cimón I, -461. Xantipo, -470. Hipérbolo, (-417) o último de quen se ten noticia. O ostracismo na cultura Tamén se denomina ostracismo, por extensión do significado orixinal, á sanción social consistente no illamento dunha persoa, e que é considerado un mecanismo de control social.
Notas
Categoría:Grecia antiga Categoría:Dereito Categoría:Política