O Óblast de Cherkasy (en ucraíno Черкаська область) é un óblast (provincia) de Ucraína central, situado ao longo do río Dnieper. A súa capital administrativa é Cherkasy.
Xeografía Con 20.900 km², o óblast de Cherkasy é o 18º máis grande do país, comprendendo sobre o 3,5 % da área. Fai fronteira ao norte co óblast de Kíiv, ao sur co óblast de Kirovohrad, ao oeste co óblast de Poltava, e ao leste co óblast de Vinnytsya.
Economía A economía do óblast de Cherkasy está en gran parte dominada pola agricultura. Mentres o trigo e as remolachas de azucre son os principais produtos, a cebada, o millo, o tabaco e o cánabo son tamén cultivados.
A industria está principalmente concentrada en Cherkasy, a capital do óblast e a cidade máis grande.
Organización administrativa O óblast de Cherkasy está dividido en 20 raions (distritos). Hai un total de 25 cidades, 34 vilas e 838 aldeas.
Os datos seguintes incorporan a cantidade de cada tipo de divisións administrativas do óblast de Cherkasy: Centro administrativo - 1 Cherkasy; Raions - 20; Cidade - Raion - 2; Concellos - 855, incluíndo; Aldeas - 824; Cidades/Vilas - 31, incluíndo; Asentamentos de tipo urbano - 15; Cidades - 16, incluíndo; Cidades baixo o subestatuto do óblast - 6; Cidades baixo o subestatuto do raion - 10; Silradas - 525
Raions 200px|miniatura|dereita|Mapa dos raions do óblast de Cherkasy.
Raion de Cherkasy Raion de Chornobay Raion de Chyhyryn Raion de Drabiv Raion de Horodyshche Raion de Kamyanka Raion de Kaniv Raion de Katerynopil Raion de Khrystynivka Raion de Korsun-Shevchenkivskyi Raion de Lysianka Raion de Mankivka Raion de Monastyryshche Raion de Shpola Raion de Smila Raion de Talne Raion de Uman Raion de Zhashkiv Raion de Zolotonosha Raion de Zvenyhorodka
Notas
Cherkasy