José Norberto Uzal Tresandi, nado en Vigo en 1971, é un avogado e político galego, exmembro do Partido Popular de Galicia.

Traxectoria Concorreu nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 na candidatura de Falange Española Independiente. Foi director da Federación Galega de Municipios e Provincias e asesor xurídico do Concello de Cambados. Foi nomeado director xeral de Administración Local en 2009, cargo do que dimitiu en novembro de 2013. Foi asesor do grupo municipal do PPdeG de Rianxo e nas eleccións municipais de 2015 entrou na candidatura de PPdeG encabezada por Vanessa Martínez e foi elixido concelleiro de Rianxo. En marzo de 2016 dimitiu como concelleiro. En novembro de 2025 foi condenado a 19 anos de prisión por fraude fiscal.

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1971 Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Concelleiros de Rianxo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes