O ievánico, tamén coñecido cos nomes de romaniota e de xudeu-grego, era o dialecto dos Romaniotas, dos xudeus gregos, cuxa presenza en Grecia se testemuña por escrito desde a época helenística. A súa xenealoxía lingüística faino remontar á koiné helenística (Ελληνική Κοινή) e inclúe tamén elementos de hebreo. O ievánico e o grego falado polas poboacións cristiás eran mutuamente intelixíbeis, pero os xudeus usaban unha variante do alfabeto hebreo para escribiren tanto o ievánico como o grego.
O ievánico é hoxe unha lingua morta, polos motivos seguintes:
a asimilación das (numericamente débiles) comunidades romaniotas polos gregos cristiáns e polos xudeus sefardís; a emigración de moitos de romaniotas cara aos Estados Unidos e Israel; a progresión do sionismo, que favoreceu o hebreo como lingua común aos xudeus, en detrimento das linguas xudías da diáspora (yiddish, xudeu-español, xudeu-tat(juhuri) etc.); a aniquilación da maior parte das comunidades xudías de Tesalónica e Sofía durante o Holocausto.
Véxase tamén Outros artigos Grego moderno Dialectos gregos
Ligazóns externas Jewish Language Research Website: Judeo-Greek
Categoría:Lingua grega Categoría:Linguas de Grecia Categoría:Linguas de Israel Categoría:Linguas mortas de Europa