O Gran Premio dos Estados Unidos de 1976 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 10 de outubro de 1976 no circuíto de Watkins Glen. Foi a 15ª carreira da tempada de Fórmula Un de , e o 26º Gran Premio dos Estados Unidos desde o primeiro Gran Premio de América que se celebrou en 1908 e a 19º desde o primeiro Gran Premio dos Estados Unidos en Riverside de 1958.
Informe
O austríaco Niki Lauda chegou aos Estados Unidos para a penúltima carreira de 1976 cunha vantaxe no campionato de pilotos de oito puntos sobre o británico James Hunt. Lauda lograra comodamente cinco vitorias nas nove primeiras carreiras da tempada, antes do seu terrible accidente e que a piques estivo de custarlle a vida en Nürburgring en agosto. Hunt logo gañou tres das seguintes cinco carreiras, incluíndo Alemaña onde Lauda resultou ferido. Lauda recuperouse rapidamente para competir en Italia e Canadá (gañado por Hunt), pero a loita polo título estaba moi interesante.
Hunt e Patrick Depailler, que pilotaba un dos Tyrrell de seis rodas, loitaban pola pole, cando Depailler marchaba detrás do McLaren de Hunt, unha botella de aire do compresor de arranque do McLaren caeuse e golpeou as dúas rodas dianteiras esquerdas do Tyrrell e o monocasco. Romperon ambas rodas, e incluso logo de parar para substituílas, a dirección de Depailler estaba fóra de liña, e só puido ser o sétimo máis rápido. Máis tarde, cando Hunt parou nos pits á beira dunha botella de aire de 150 libras, Rob Walker preguntoulle: "¿Foi a que botaches a Depailler?" James respondeu: "Non, a gardamos para Niki o domingo!".
Durante a noite, nevou sobre o circuíto, pero finalmente o domingo saíu o sol e quentou a pista para os máis de 100.000 espectadores, que acudiron a ver a batalla polo campionato. No semáforo, Scheckter saíu por diante de Hunt e chegou á primeira curva. Eran seguidos por Brambilla, Peterson, Lauda, Depailler, o Penske de John Watson, o Lotus de Mario Andretti e o Ligier de Jacques Laffite.
Scheckter e Hunt comezou a afastarse de inmediato, co Tyrrell 2´5 segundos por diante logo de cinco voltas. Logo de catro voltas, Lauda pasou a terceira posición, 5´8 segundos por detrás de Hunt. Mentres tanto, unha batalla estábase librando no cuarto lugar entre Brambilla, Peterson, Laffite, Carlos Pace, Watson, Clay Regazzoni, Andretti e Jochen Mass. Hans-Joachim Stuck, que desperdiciara o sexto lugar da pole, loitaba para chegar ao final deste grupo.
Por detrás, na volta 15, o Ensign de Jacky Ickx saíuse na curva 6. O coche golpeou a barreira Armco de fronte volvendo de novo á pista en chamas. Ickx saíu dos restos da cabina e coxeou ata o céspede, onde se derrubou con lesións en ambas pernas e os nocellos. Foi incriblemente afortunado de saír vivo; Emerson Fittipaldi, marchaba detrás, dixo que era un dos peores accidentes que xamais vira, e que puido oír a explosión do coche ao golpear a barreira por encima do ruído do seu motor e a través do seu casco e tapóns para os oídos.
Na parte dianteira, o Tyrrell de Scheckter foi perdendo agarre cando a súa carga de combustible alixerouse, e Hunt marchaba máis rápido no McLaren. A brecha pechouse a 1´3 segundos na volta 29, e a medio segundo na volta 30. Para rematar, na volta 37, na que Hunt ao final da recta de atrás tomou a dianteira. Afastouse por máis de dous segundos nas seguintes dúas voltas, pero na volta 41, falloulle unha marcha na chicane ao tratar de adiantar a algúns dos dobrados, e Scheckter adiantouno de novo. O surafricano mantivo a súa vantaxe ata a volta 46, cando Hunt pasoulle outra vez ao final da recta e tomou a vantaxe definitiva para lograr a súa sexta vitoria da tempada. Tan só a seis voltas do final, na volta 53, Hunt marcou a volta rápida da carreira, xa que Scheckter se asegurou de manter o seu segundo posto.
Lauda, loitando coa sobre viraxe cos pneumáticos duros polo frío, apenas logrou bater a Mass, o compañeiro no equipo McLaren de Hunt na liña de meta para manter a súa terceira posición. O valor do austríaco quedou evidente para os admiradores, fotógrafos e personalidades que o rodeaban cando saíu do seu coche e quitouse o casco para revelar un pasamontañas empapado en sangue. Logrou catro valiosos puntos no Campionato, e chegaba con tres puntos de vantaxe para a seguinte carreira.
Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 11 James Hunt McLaren-Ford 1:43.622 — 2 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 1:43.870 + 0.248 3 10 Ronnie Peterson March-Ford 1:43.941 + 0.319 4 9 Vittorio Brambilla March-Ford 1:44.250 + 0.628 5 1 Niki Lauda Ferrari 1:44.257 + 0.635 6 34 Hans Joachim Stuck March-Ford 1:44.265 + 0.643 7 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 1:44.516 + 0.894 8 28 John Watson Penske-Ford 1:44.719 + 1.097 9 16 Tom Pryce Shadow-Ford 1:45.102 + 1.480 10 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 1:45.274 + 1.652 11 5 Mario Andretti Lotus-Ford 1:45.311 + 1.689 12 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 1:45.324 + 1.702 13 7 Larry Perkins Brabham-Alfa Romeo 1:45.363 + 1.741 14 2 Clay Regazzoni Ferrari 1:45.534 + 1.912 15 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 1:45.646 + 2.024 16 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 1:45.979 + 2.357 17 12 Jochen Mass McLaren-Ford 1:46.067 + 2.445 18 19 Alan Jones Surtees-Ford 1:46.402 + 2.780 19 22 Jacky Ickx Ensign-Ford 1:46.605 + 2.983 20 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 1:46.776 + 3.154 21 24 Harald Ertl Hesketh-Ford 1:49.418 + 5.796 22 25 Alex Ribeiro Hesketh-Ford 1:49.669 + 6.047 23 21 Warwick Brown Wolf-Williams-Ford 1:51.124 + 7.502 24 18 Brett Lunger Surtees-Ford 1:51.373 + 7.751 25 20 Arturo Merzario Wolf-Williams-Ford 2:00.932 + 17.310 26 38 Henri Pescarolo Surtees-Ford 2:05.211 + 21.589 27 39 Otto Stuppacher Tyrrell-Ford 2:11.070 + 27.448
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 James Hunt McLaren-Ford 59 1:42:40.742 1 9 2 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 59 + 8.030 sec 2 6 3 1 Niki Lauda Ferrari 59 + 1:02.324 5 4 4 12 Jochen Mass McLaren-Ford 59 + 1:02.458 17 3 5 34 Hans Joachim Stuck March-Ford 59 + 1:07.978 6 2 6 28 John Watson Penske-Ford 59 + 1:08.190 8 1 7 2 Clay Regazzoni Ferrari 58 + 1 volta 14 8 19 Alan Jones Surtees-Ford 58 + 1 volta 18 9 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 57 + 2 voltas 15 10 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 57 + 2 voltas 16 11 18 Brett Lunger Surtees-Ford 57 + 2 voltas 24 12 25 Alex Ribeiro Hesketh-Ford 57 + 2 voltas 22 13 24 Harald Ertl Hesketh-Ford 54 + 5 voltas 21 14 21 Warwick Brown Wolf-Williams-Ford 54 + 5 voltas 23 NC 38 Henri Pescarolo Surtees-Ford 48 26 Ret 16 Tom Pryce Shadow-Ford 45 Motor 9 Ret 9 Vittorio Brambilla March-Ford 34 Pneu. 12 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 34 Pneu. 4 Ret 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 31 Colisión 10 Ret 7 Larry Perkins Brabham-Alfa Romeo 30 Suspensión 13 Ret 5 Mario Andretti Lotus-Ford 23 Suspensión 11 Ret 22 Jacky Ickx Ensign-Ford 14 Accidente 19 Ret 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 13 Motor 20 Ret 10 Ronnie Peterson March-Ford 12 Suspensión 3 Ret 20 Arturo Merzario Wolf-Williams-Ford 9 Accidente 25 Ret 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 7 Tubo combustible 7 NSC 39 Otto Stuppacher Tyrrell-Ford -
Notes O terceiro posto de Lauda asegurou o Campionato de Construtores para Ferrari, a falta dunha carreira. Derradeira carreira: Henri Pescarolo
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Niki Lauda 68 2 James Hunt 65 3 Jody Scheckter 49 4 Patrick Depailler 33 5 Clay Regazzoni 29
Clasificación no campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 81 2 McLaren-Ford 70 (71) 3 Tyrrell-Ford 65 4 Penske-Ford 20 5 Ligier-Matra 20
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
Bibliografía Doug Nye (1978). The United States Grand Prix and Grand Prize Races, 1908-1977. B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1263-1 Rob Walker (xaneiro de 1977). "18th United States Grand Prix: An Evening At The Glen". Road & Track, 81-84.
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1976 Categoría:Gran Premio dos Estados Unidos de Fórmula 1