Ramón Segade Campoamor, nado en Santiago de Compostela dáo por nacido en Santiago de Compostela, porén informa de que outros o dan por nado en Lugo. no ano 1831 e finado no mesmo lugar o 15 de abril de 1887Necrolóxica (Galiciana. Biblioteca de Galicia)., foi un escritor galego do século XIX que residiu gran parte da súa vida na Coruña.Biblioteca da Real Academia Galega.
Traxectoria Estudou Dereito. Relacionado con Manuel Murguía, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, era de ideoloxía conservadora e rexionalista. A Manuel Murguía escribiulle animando a que Rosalía de Castro escribira en galego "Segade, nunha das cartas, pídelle a Murguía que anime a Rosalía a escribir unha novela en galego, xa que consideraba que sería un éxito". Colaborou en El Museo Universal, El Diario, Galicia. Revista Universal de este Reino, La Ilustración Gallega y Asturiana, Ilustración Católica, Revista Galaica e El Libredón.
Foi vicesecretario da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.
Obra La calle del olvido, 1863. La olla del diablo, A Coruña 1863, Vigo 1964. Cristina. Impresiones morales, Soto Freire, Lugo, 1872. Cotolay, leyenda piadosa sobre la erección del convento de San Francisco de Santiago, Madrid, 1879. Francisca (cuadros de costumbres gallegas), Madrid, 1881. Tres cuentos, 3ª ed. Madrid, 1883. Pablo Gómez, A Coruña, 1883. España ante la unidad católica, Lugo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Anxo Angueira, Unha primeira edición de Cantares gallegos con fotografía, autógrafo e carta de Rosalía páx,s. 23-25.
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Finados en 1887 Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela