Bernardino González Paz, finado en Pontevedra o 28 de outubro de 1918,El Tea, 3-11-1918, p. 3. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Sebastián González Rodríguez. Militante do Partido Republicano Radical, do que foi presidente en Pontevedra en 1911, foi elixido concelleiro de Pontevedra en 1909. Colaborou en La Libertad e foi administrador de El Rebelde.El Progreso, 4-10-1913, p. 1. Dirixiu a Alianza Mariñeira de Cangas de Morrazo en 1916. Foi procesado con Eusebio Alonso Vieites por instigar na folga xeral de 1917. Foi presidente do Recreo de Artesanos. Foi desterrado a Vigo en 1917 por unha denuncia de Benito Corbal por calumnias nun mitin en 1915. Finou como consecuencia da gripe de 1918.
Vida persoal Casou con Ceferina García Paz en 1907, e foi pai de Sebastián González García-Paz e Daría González García.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1918 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Finados por gripe