12 anos de escravitude (en ) é un filme británico-estadounidense dirixido por Steve McQueen que se estreou no 2013. Baséase nas memorias de Solomon Northup Twelve Years a Slave (1853), un afroamericano nado no Estado de Nova York que foi secuestrado en Washington, D.C., e vendido en 1841 como escravo. Traballou nunhas plantacións do estado de Luisiana durante doce anos antes da súa liberación. A primeira edición académica das súa memorias, co-editada en 1968 por Sue Eakin e Joseph Logsdon, foi coidadosamente validada e chegouse á conclusión de que é precisa e certa.

Este é o terceiro filme dirixido por Steve McQueen. O guión foi escrito por John Ridley. Chiwetel Ejiofor interpreta a Solomon Northup. Michael Fassbender, Benedict Cumberbatch, Paul Dano, Paul Giamatti, Lupita Nyong'o, Sarah Paulson, Brad Pitt e Alfre Woodard realizan papeis secundarios. A rodaxe tivo lugar en Nova Orleáns, Luisiana, dende o 27 de xuño ó 13 de agosto de 2012. As localizacións empregadas foron catro plantacións anteriores á Guerra Civil Estadounidense: Felicity, Magnolia, Bocage e Destrehan. Deses catro lugares, Magnolia é o máis achegado á plantación real onde Northup foi escravizado.

12 anos de escravitude recibiu loanzas da crítica, e foi descrito como o mellor filme do ano por numerosos medios de comunicación. Tamén foi un éxito de recadación, gañando máis de $158 millóns sobre uns custos de produción de $20 millóns. O filme gañou tres Premios Oscar: mellor filme, mellor actriz secundaria para Nyong'o e mellor guión adaptado para Ridley. Tamén foi galardoado co Globo de Ouro ó mellor filme dramático, e co BAFTA ó mellor filme e mellor actor para Ejiofor.

Sinopse Historia de Solomon Northup, un culto músico negro -e home libre- que vivía coa súa familia en Nova York. Tras compartir unha copa con dous descoñecidos, Solomon descobre que foi drogado e secuestrado para ser vendido como escravo no Sur nunha plantación. Solomon contempla como todos ó seu arredor sucumben á violencia, ó abuso emocional e á desesperanza. Entón decide correr riscos e confiar na xente menos aparente para intentar recuperar a súa liberdade e reunirse coa súa familia.

Personaxes miniatura|dereita|Woodard na estrea do filme.

Chiwetel Ejiofor como Solomon Northup Michael Fassbender como Edwin Epps Lupita Nyong'o como Patsey Sarah Paulson como Mary Epps Benedict Cumberbatch como William Ford Brad Pitt como Samuel Bass Paul Dano como John Tibeats Adepero Oduye como Eliza Paul Giamatti como Theophilus Freeman Garret Dillahunt como Armsby Scoot McNairy como Brown Taran Killam como Hamilton Chris Chalk como Clemens Ray Michael K. Williams como Robert Kelsey Scott como Anne Northup Alfre Woodard como Mistress Harriet Shaw Quvenzhané Wallis como Margaret Northup Devyn A. Tyler como Adult Margaret Northup Cameron Zeigler como Alonzo Northup Rob Steinberg como Parker Jay Huguley como Sheriff Villiere Christopher Berry como James Burch Bryan Batt como Xuíz Turner Bill Camp como Radburn Dwight Henry como Tío Abram Ruth Negga como Celeste

Galardóns e nomeamentos 2013: Globos de Ouro: 7 nomeamentos, incluíndo mellor filme e director. 2013: Festival de Toronto: Mellor filme (Premio do público). 2013: National Board of Review (NBR): Mellores 10 filmes do ano. 2013: American Film Institute: Top 10 - Mellores filmes do ano 2013: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor director. 2013: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Mellor actriz secundaria (Nyong'o). 2013: Premios Gotham: 3 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2013: Independent Spirit Awards: 7 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2013: Satellite Awards: 10 nomeamentos, incluíndo mellor filme e director.

Notas

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steve McQueen Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes de Film4 Productions Categoría:Filmes de Entertainment One Categoría:Filmes de Icon Productions Categoría:Filmes de Plan B Entertainment Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes producidos por Brad Pitt Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes ambientados en Nova Orleáns Categoría:Filmes ambientados en 1841 Categoría:Filmes ambientados en 1853 Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre a escravitude nos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 2013 con versión en galego