Frederik Herman Henri (Frits) Kortlandt, nado o 19 de xuño de 1946 en Utrecht, é un profesor de lingüística descritiva e comparada na Universidade de Leiden nos Países Baixos.
Traxectoria É un experto na linguas bálticas e linguas eslavas, as linguas indoeuropeas en xeral, e a lingua protoindoeuropea, aínda que tamén publicou estudos de linguas doutras moitas familias lingüísticas. Tamén estudou maneiras de asociar familias lingüísticas en supergrupos como o indo-urálico.
Kortlandt, xunto con George van Driem e outros poucos colegas, é un dos postuladores da escola de Leiden de lingüística, que describe a linguaxe en termos dun meme ou parasito benigno.
Kortlandt obtivo cinco graos da Universidade de Ámsterdam: B.A., 1967, Lingüística e literatura eslava. B.A., 1967, matemáticas e economía. M.A., 1969, Lingüística eslava. M.A., 1970, Economía matemática. Ph.D., 1972, lingüística matemática. É membro da Real academia holandesa das ciencias e obtivo o Spinozapremie. En 2007, compuxo unha versión da fábula de Schleicher, unha historia escrita nunha reconstrución hipotética do protoindoeuropeo, que difire radicalmente de todas as versións precedentes.
Véxase tamén Ligazóns externas Bibliografía de Frederik Kortlandt
Categoría:Lingüistas dos Países Baixos Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Utrecht Categoría:Paleolingüistas