El Fomento foi un semanario editado en Ordes entre 1878 e 1880.
Historia e características Subtitulado Semanario de intereses morales y materiales, apareceu en xullo de 1878. Dirixido por Ríos. Periódico semanal de inspiración republicana e anticlerical. Conseguiu pronto a inimizade do cardeal Miguel Payá y Rico, foi suspendido en agosto dese ano e denunciado na Audiencia por infrinxir a Lei de Imprenta. Volveu aparecer co número 6 a mediados de novembro, logo dunha suspensión xudicial de dous meses e medio. Novamente foi apercibido coa suspensión. A partir de decembro de 1879 dedicouse ás cuestións políticas e o número 58, correspondente ao 22 de decembro, foi multado e secuestrado polo alcalde e denunciado polo fiscal ante o Xulgado. En xaneiro de 1880 foi excomungado polo cardeal Payá. Foi condenado en febreiro polo Tribunal de Imprenta a 75 números de suspensión. Durante a suspensión apareceu para substituílo Fray Junípero. Volveu editarse en maio, pero en xuño foi suprimida a súa publicación por orde do Alcalde de Ordes.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Ordes
Categoría:1878 en Galicia Categoría:Prensa anticlerical