El Diario de Galicia foi un periódico editado na Coruña de 1891 a 1898.
Historia e características Subtitulado Periódico católico e independiente, apareceu o 1 de maio de 1891. Periódico católico dirixido por Manuel Barja Cerdeira a quen sucedeu Agustín Corral Golpe. O seu redactor xefe foi Vicente Carnota Pérez. Manuel León, cóengo da colexiata da Coruña, era o censor eclesiástico da publicación.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1891 en Galicia