Perfecto Conde Fernández, nado en Celanova o 1 de decembro de 1847 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1903, foi un médico e profesor galego.
Traxectoria Fillo de Juan Conde Calvete, avogado e administrador dos condes de Ximonde e de María del Carmen Fernández Torrado. En 1861 cursou os estudos de bacharelato no Instituto de Santiago, comenzando a licenciatura de Medicina en 1866 na Facultade compostelá, culminando co grao de doutor o 23 de xuño de 1873 na mesma Universidade.
Foi profesor de Histoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e despois catedrático de Histoloxía, Histoquímica e Anatomía patolóxica da Facultade de Medicina da mesma universidade do 26 de decembro de 1892 ao 30 de decembro de 1903."Ramón Varela de la Iglesia. Positivismo e Histología en Fonseca". Fernández Teijeiro, Juan José. Tese de doutoramento, publicada pola Universidade de Santiago de Compostela.
Casou no Pazo de Anzobre con Elisa Puga Blanco , irmá de Luciano Puga Blanco"O proceso penal a Manuel Curros Enríquez", por Benito Montero Prego. Consello de Cultura Galega. Colexio de Avogados de Ourense.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sobre o Pazo de Ramirás . Sobre a vida académica Perfecto Conde.
Categoría:Médicos de Celanova Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 1846 Categoría:Finados en 1903 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela